Formación - Vivenda - Seguros -
Centro de Información para Traballadores Estranxeiros

Asesoría Xurídica - Gabinete Técnico - Outros servizos - Información 

O Sindicato Nacional de CC. OO. de Galicia ofrece, entre outros, os seguintes servizos de carácter xeral

FORMACIÓN
Para xestionar as actividades de formación ocupacional para aquelas persoas que buscan emprego, de formación continua para persoas activas e de formación sindical para delegados, delegadas e cadros sindicais, o Sindicato Nacional de CC. OO. de Galicia promoveu o organismo autónomo Fundación Formación e Emprego (FOREM). Nesta fundación pode accederse a toda a información sobre cursos, orientación profesional, emprego, etc.
VIVENDA

CC. OO. considera o cooperativismo como un dos mellores medios para que os traballadores e traballadoras poidan conseguir en boas condicións unha vivenda digna e de calidade. As cooperativas de vivenda que promove CC. OO. agrúpanse en VITRA.

 
  SEGUROS

CC. OO. ten unha amplia oferta de seguros de calidade nos ramos do automóbil, o fogar, accidentes e vida, ademais de asesoramento na negociación de plans de prexubilacións, de pensións e seguros colectivos.

A axencia de CC. OO. é ATLANTIS, que ofrece en exclusiva a tódolos seus afiliados e afiliadas de CC. OO. polizas de seguros con condicións claras, sen letra pequena, con amplias garantías, e custos competitivos. Seguros ATLANTIS
CENTRO DE INFORMACIÓN PARA TRABALLADORES ESTRANXEIROS

APARTADO EN CONSTRUCCIÓN. PERDÓN POLAS MOLESTIAS

ASESORÍA XURÍDICA

Para a defensa e asesoramento xurídico da súa afiliación e dos traballadores e traballadoras, CC. OO. de Galicia conta cunha rede de servizos xurídicos que conforman a Asesoría Xurídica do sindicato.

Ver Asesorías Xurídicas

GABINETE TÉCNICO

APARTADO EN CONSTRUCCIÓN. PERDÓN POLAS MOLESTIAS

OUTROS SERVIZOS

Centro de Vacacións Morillo de Tou

Centro de Vacacións Morillo de Tou

Centro de vacacións situado nunha poboación típica da comarca do Sobrarbe, abandonado nos anos sesenta e reconstruído por CCOO de Aragón.

Aloxamento en: bungalós, ecobungalós, hostais, apartamentos, casas unifamiliares, albergues e cámping. Dispomos dun apartamento, bungalós e dormitorios de hostal adaptados para persoas con discapacidade física. Parcelas para caravanas fixas. Cafetaría-Restaurante. Aulas de reunión para cursos e xornadas. Piscina, supermercado, biblioteca, animación infantil, pista deportiva, igrexa-museo de olaría, observacións astronómicas.
Aberto todo o ano.

Está situado a 4 quilómetros de Aínsa á beira do encoro de Mediano. Atópase entre o Parque Natural da Serra de Guara e o Parque Nacional de Ordesa.

14 % de desconto en aloxamento para afiliados (presentando o último recibo de pagamento da cota sindical). Non acumulable a ofertas especiais.
Prezos especiais para grupos en temporada baixa.


Datos de contacto
Centro de Vacacións Morillo de Tou
Estrada A 138 (de Barbastro a Aínsa) Km 41,8
22395 - Morillo de Tou (Aínsa-Huesca)
Teléfonos:974 500 793 / 976 200 496
www.morillodetou.com, info@morillodetou.com

 

 

 

Sitio web optimizado para Internet Explorer 4.0 ou superior e Netscape 4.0 ou superior a 800 x 600