Santiago de Compostela, 10/11/2009.-
Nova web do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia: entra en www.galicia.ccoo.es11-11-2009 .- Desde o pasado día 4 de novembro o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia ten nova páxina web. O enderezo continúa a ser o mesmo: www.galicia.ccoo.es
Santiago de Compostela, 20/10/2009.-
FECOMA CCOO gaña as eleccións sindicais da empresa TRAGSA en GaliciaOnte, 19 de outubro, o persoal do grupo TRAGSA en Galicia referendou co seu voto que FECOMA CCOO gañara as eleccións sindicais
20-10-2009 .- Dos 44 delegados elixidos, as candidaturas de FECOMA obtiveron 20 representantes, por 17 de UGT, 6 de CSIF e 1 da CIG. A nosa federación tamén obtivo o maior número de votos, 367 (45,9%), fronte a 320 de UGT (40,1%), 92 de CSIF (11,5%) e 20 da CIG (2,5%).
Santiago de Compostela, 13/7/2009.-
CCOO rexeita a Lei Audiovisual porque desregula o sector e non garante o emprego13-07-2009 .- O sector de Medios de Comunicación de CCOO manifesta a súa preocupación polo anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual, que foi elaborado polo executivo sen contar cos axentes sociais e que supón unha completa desregulación do sector, que non garante o emprego nin o desenrolo do sector nun momento de economía sostible. O anteproxecto derroga toda a lexislación vixente do sector: a Lei da terceira canle, a Lei da televisión privada, das emisoras municipais de radio, de televisión local, a Lei xeral de telecomunicacións, a Lei de impulso da televisión dixital terrestre, e así ata 14 leis. Si ben é certo que o sector requiría unha ordenación, sobre todo pola adecuación á normativa europea, tamén o é que este anteproxecto supón unha desregulación e non unha ordenación do sector.
Santiago de Compostela, 9/7/2009.-
Mañá, encontro en Valladolid dos secretarios xerais de CCOO de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e o País VascoNa xuntanza falarán sobre as infraestruturas no cadrante norte-noroeste do estado español
09-07-2009 .- Os secretarios xerais de Comisións Obreiras (CCOO) de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e o País Vasco manterán mañá, venres día 10 de xullo, un encontro en Valladolid para falaren das infraestruturas no cadrante norte-noroeste do estado español.
Santiago de Compostela, 2/7/2009.-
CCOO acolle con cautela os datos positivos do descenso do desemprego en xuñoO paro baixou o mes pasado por terceira vez consecutiva, ao tempo que aumentaron a afiliación á Seguridade Social e os contratos rexistrados
02-07-2009 .- Comisións Obreiras (CCOO) acolle con cautela os datos positivos do descenso do desemprego en xuño, que baixou por terceiro mes consecutivo, ao tempo que aumentaron a afiliación á Seguridade Social e os contratos rexistrados. Desde a Secretaría de Emprego, Economía Social e Autoemprego do sindicato lembran que o inicio da campaña turística do verán e o impacto do Plan E de reactivación da economía e do emprego explican a positiva evolución do paro no último mes. «Debemos, non obstante, esperar a que transcorra máis tempo para comprobar se, efectivamente, se consolida un cambio de tendencia no emprego», advertiu Maica Bouza, responsable da Secretaría.
Santiago de Compostela, 11/6/2009.-
O persoal de Correos mobilizarase este domingo en Santiago de CompostelaCCOO, CIG, UGT, SL e CGT convocan unha conferencia de prensa para o venres, día 12, ás 11 horas
11-06-2009 .- O persoal de Correos vaise mobilizar este domingo, día 14 de xuño, nunha marcha que sairá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela. Para explicar os motivos que levan a este acto reivindicativo, os sindicatos convocadores —CCOO, CIG, UGT, SL e CGT— darán unha conferencia de prensa o venres, día 12, ás 11 horas, na sede de Comisións Obreiras.
Santiago de Compostela, 14/5/2009.-
17 DE MAIO - DECLARACIÓN DAS COMISIÓNS EXECUTIVAS DO SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA E A UNIÓN XERAL DE TRABALLADORES DE GALICIAA lingua e a cultura son os valores máis representativos da identidade dun pobo. Para os traballadores e traballadoras galegas e para o conxunto da sociedade, son estes dous elementos, lingua e cultura, os piares esenciais do noso patrimonio cultural. Son os fundamentos máis senlleiros da idiosincrasia e singularidade de Galicia, que debemos respectar, manter e potenciar en todos os ámbitos da vida cotiá. Para o Sindicato Nacional de CCOO e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia, a normalización completa e real da lingua é, polo tanto, unha demanda reiterada xunto co compromiso de fomentar e impulsar medidas que protexan, estimulen e favorezan o emprego do noso idioma en calquera eido da sociedade.
Valencia, 24/3/2009.-
Resolución da Comisión Executiva do Sector Estatal de Medios de Comunicación sobre os contidos que debe abordar a Lei Xeral Audiovisual24-03-2009 .- Achegamos a resolución da Comisión Executiva do Sector Estatal de Medios de Comunicación (Federación de Servizos á Cidadanía) sobre os contidos que debe abordar a Lei Xeral Audiovisual. Poden descargala premendo aquí ou no PDF anexo a esta nota.
Vigo, 13/3/2009.-
Vídeos das intervencións das delegacións e comisións no 9.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO13-03-2009 .- Na web http://congresos.ccoo.es/galicia están dispoñibles en vídeo as intervencións das delegacións e das diferentes comisións do 9.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO. Poden consultalos clicando AQUÍ .
Santiago de Compostela, 17/2/2009.-
Mañá comeza en Santiago de Compostela o 9.º Congreso da Federación estatal de Sanidade de CCOO17-02-2009 .- Mañá, día 18 de febreiro, comeza no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela o 9.º Congreso da Federación estatal de Sanidade de CCOO, que se prolongará ata o venres, día 20. Ás 10 horas prevese o inicio dos actos de inauguración do congreso. Máis tarde, ás 11 horas, darán as benvidas o alcalde da capital galega, Xosé Sánchez Bugallo, a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, e o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xan María Castro.
Santiago de Compostela, 3/2/2009.-
Galicia supera a barreira dos 200 mil desempregados, o que fai máis necesario o diálogo socialO paro aumentou en máis de 40 mil persoas con respecto a xaneiro de 2008, pero continúa máis de 22 puntos por baixo da media estatal
03-02-2009 .- O número total de desempregados rexistrados en Galicia no mes de xaneiro foi de 201.316 persoas. En comparación co mes pasado, rexístranse 11.413 desempregados máis, un 6,01 %. En termos interanuais medra o desemprego en 40.154 persoas, un 24,92 % (22,20 puntos menos que no conxunto do Estado). Con todo, a galega é a segunda autonomía na que menos aumenta o desemprego en termos relativos.
Santiago de Compostela, 2/2/2009.-
Dispoñible para consulta o n.º 5 do 'Boletín de Conxuntura Económica' de CCOO02-02-2009 .- Xa está dispoñible para consulta o n.º 5 do Boletín de Conxuntura Económica do Gabinete Técnico Económico de CCOO. Poden descargalo no ficheiro PDF anexo a esta nota.
Santiago de Compostela, 2/2/2009.-
Criterios do Sindicato Nacional de CCOO para a negociación colectiva do ano 200902-02-2009 .- Criterios do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO) para a negociación colectiva do ano 2009, aprobados polo Consello Nacional o pasado 26 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 21/1/2009.-
CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT rexeitan o modelo de carreira profesional ordinaria que o SERGAS pretende imporAs organizacións sindicais, que consideran que a iniciativa da Administración incumpre acordos xa asinados, darán mañá unha conferencia de prensa
21-01-2009 .- Comisións Obreiras (CCOO), CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT rexeitan o modelo de carreira profesional ordinaria que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) intenta impor mediante o que cualifican de «decretazo». As seis organizacións consideran que se trata dun modelo de carreira excluínte e discriminatorio que, ademais, incumpre acordos xa asinados, e esixen a paralización do decreto.
Santiago de Compostela, 19/1/2009.-
CCOO maniféstase en solidariedade con Palestina19-01-2009 .- Ofrecémoslles algunhas imaxes da manifestación en solidariedade co pobo palestino que tivo lugar onte en Santiago de Compostela. O acto contou co apoio de máis de medio cento de organizacións, entre elas CCOO.
Santiago de Compostela, 15/1/2009.-
A Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia: unha nova forma de defender os servizos15-01-2009 .- Pomos á súa disposición o documento introdutorio á Federación de Servizos á Cidadanía (FSC) de Comisións Obreiras de Galicia. Esta nova estrutura, resultado da futura fusión entre as actuais FSAP e FCT, asume a atención dos sectores do transporte aéreo, transporte por estrada, transporte ferroviario, papel, gráficas e fotografía, mar, medios de comunicación, cultura e espectáculo, ocio e deporte; postal, telecomunicacións, Administración de xustiza, Administración xeral do Estado, empresas do ciclo integral da auga, Administración autonómica, Administración local, empresas e entidades de servizos sociais e de atención ás persoas, e a Sección Sindical Intercentros da ONCE.
Santiago de Compostela, 11/12/2008.-
Benedicto presenta publicamente o libro 'Sonata de amigos', no cal reflexiona sobre varios aspectos do seu compromiso socialO presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, intervirá no acto xunto co propio autor mais Víctor Santidrián e Manuel Bragado
11-12-2008 .- Benedicto García Villar, un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta publicamente o libro Sonata de amigos, editado por Edicións Xerais de Galicia en colaboración coa Fundación 10 de Marzo (F10M). Será mañá, venres día 12 de decembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 10/12/2008.-
A Fundación 10 de Marzo convoca unha conferencia de prensa para presentar o libro 'Sonata de amigos', de BenedictoNesta obra, o que foi membro da histórica formación Voces Ceibes, reflexiona sobre a loita antifranquista, o sindicalismo, a música ou mesmo o ensino
10-12-2008 .- A Fundación 10 de Marzo (F10M) convoca unha conferencia de prensa para presentar aos medios o libro Sonata de amigos , de Benedicto. Será mañá, xoves día 11 de decembro, ás 13 horas, no Club Internacional de Prensa (Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 6/12/2008.-
Conferencia Congresual do Sindicato Nacional de CCOO para o 9º Congreso Confederal05-12-2008 .- Hoxe tivo lugar a Conferencia Congresual do Sindicato Nacional de CCOO para o 9º Congreso Confederal. Debatéronse varias emendas e resolucións e elixíronse os 22 representantes galegos para o dito Congreso. Ademais, Xan María Castro polo S. N. de CCOO e José María Fidalgo pola C. S. de CCOO deron unha conferencia de prensa sobre a situación socioeconómica actual.