Nova web do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia: entra en www.galicia.ccoo.es
11-11-2009.- Desde o pasado día 4 de novembro o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia ten nova páxina web. O enderezo continúa a ser o mesmo: www.galicia.ccoo.es
CCOO pide medidas complementarias nos orzamentos autonómicos de 2010 para frear a destrución de emprego
Segundo os últimos datos do paro, o desemprego increméntase en Galicia por terceiro mes consecutivo como consecuencia da finalización da temporada de verán e do Plan E
03-11-2009.- O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) reclama que nos orzamentos autonómicos de 2010 se establezan «medidas complementarias» para frear a destrución de emprego no noso país. Para a secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, o diálogo social, recentemente iniciado, é o «instrumento adecuado para actuar nesta dirección».
Maica Bouza Seoane, secretaria de Emprego do S.N. de CCOO
O persoal do SERGAS concentrouse ante o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para esixir o cumprimento dos acordos
O pasado venres, a plataforma sindical da que forma parte CCOO, suspendeu a mesa sectorial debido á actitude negativa do Servizo Galego de Saúde
02-11-2009.- O persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) concentrouse hoxe ante o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para esixir o cumprimento dos acordos así como unha mesa de negociación «con capacidade para decidir». O acto reivincativo fíxose coincidir coa presenza da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen acudira para presentar un evento.
Tres de cada catro traballadoras e traballadores do metal pontevedrés apoiaron o preacordo de convenio colectivo
31-10-200.- O 75% das traballadoras e traballadores do sector do metal da provincia de Pontevedra deron o seu apoio ao preacordo de convenio colectivo negociado por Comisións Obreiras e UGT.
Manifestación en Santiago de Compostela do persoal de emerxencias en defensa do servizo público
30-10-2009.- Esta mañá concentráronse ás portas do Parlamento de Galicia traballadoras e traballadores dos servizos de emerxencia para participar na manifestación en demanda da creación dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento e contra a súa privatización. A manifestación rematou en San Caetano coa lectura do manifesto conxunto asinado por Comisións Obreiras, CIG e UGT.
Manifestación en Vigo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública
Comisións Obreiras mobilizouse contra a privatización da sanidade pública
29-10-2009.- Hoxe tivo lugar unha manifestación en Vigo convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. A oposición ás privatizacións e o apoio ao carácter público do novo hospital centraron as reivindicacións.
O programa 'CCOOnéctate á Formación' realizou unha xornada en Santiago de Compostela sobre a acreditación de profesionalidade
Javier Dongil, secretario de Formación para o Emprego do S.N. de CCOO, e Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral, no peche da xornada
A actividade foi inaugurada pola directora xeral de Formación e Colocación, e interviñeron diferentes especialistas do sindicato tanto no ámbito nacional como confederal
21-10-2009.- O programa confederal 'CCOOnéctate á Formación' realizou en Santiago de Compostela unha nova xornada, desta volta titulada «Acreditación da profesionalidade: guías para unha ruta complexa», e na cal se explicou o Sistema Nacional de Cualificacións (SNC) e as vías existentes en Galicia e no estado para acreditar a profesionalidade.
CCOO e o grupo parlamentario socialista seguirán traballando para chegar a coincidencias en materia de lingua e ensino
Unha delegación de Comisións Obreiras entrevistouse este mediodía cos deputados do PSOE Francisco Cerviño e Guillermo Meijón
28-10-2009.- Unha delegación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia mantivo este mediodía unha entrevista co grupo parlamentario socialista para tratar cuestións sobre o conflito lingüístico así como temas relativos ao ámbito educativo. Os voceiros sindicais avaliaron positivamente a xuntanza e manifestaron a súa vontade de continuar a traballar conxuntamente para chegar a puntos de encontro.
CCOO manterá mañá unha entrevista co grupo parlamentario socialista para tratar cuestións sobre lingua e educación
27-10-2009.- Unha delegación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia manterá mañá ás 12 unha entrevista co grupo parlamentario socialista para trataren cuestións sobre o conflito lingüístico así como temas relativos ao ámbito educativo.
A Federación de Ensino de CCOO responde á Xunta esixindo máis orzamento en educación e formación
O sindicato leva meses instando a Xunta a que dentro do plan de choque contra a crise se recolla un esforzo orzamentario específico en educación para o ano 2010
27-10-2009.- A Federación do Ensino de Comisións Obreiras (CCOO—Ensino) demándalle á Xunta que ante a crise económica destine máis orzamento para 2010 a educación e formación. O sindicato responde así as declaracións realizadas onte polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na intervención de onte no Parlamento e que ían na dirección contraria, anunciando un recurte do 1,1%.
CCOO critica a supresión da axuda de 200 euros anuais ás pensións non contributivas
A secretaria de Política Social, Adela Poisa, lembra que a Xunta bipartita mesmo se comprometera a incrementar esta paga ata os 300 euros anuais
27-10-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) critica a decisión da Xunta de Galicia de suprimir a axuda de 200 euros anuais ás pensións non contributivas. A secretaria de Política Social, Adela Poisa, considera que esta paga, a pesar da súa pequena contía, «era unha inxección económica para os segmentos de poboación máis desfavorecidos», cunhas prestacións de pouco máis de 300 euros mensuais.
CCOO considera «relativamente positivos» os datos da enquisa de poboación activa do terceiro trimestre do ano
O sindicato reafírmase en que o diálogo social é o instrumento para enfrontarse á situación e insta a «actuar xa» para que se poidan recoller medidas nos orzamentos autonómicos de 2010
23-10-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) considera «relativamente positivos» os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do terceiro trimestre do ano, que recollen un descenso do paro do 4,81% (8.200 persoas). Con todo, desde a organización sindical advirten de que a caída chega acompañada dun aumento do emprego temporal e dun importante abandono do mercado laboral. Desde a Secretaría de Emprego do sindicato toman os datos con cautela, á espera do que poida ocorrer no último trimestre do ano.
Sánchez Aguión demanda un proceso de diálogo social «áxil» para chegar o antes posible a acordos para combater a crise
As propostas de Comisións Obreiras terán como eixes centrais a protección social, a creación de emprego e o cambio de modelo produtivo
22-10-2009.- O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, reclamou hoxe que a reanudación do diálogo social leve a un proceso «áxil» que permita chegar o antes posible a acordos para combater a crise. Así o fixo saber o dirixente sindical após a reunión que mantiveron esta mañá os representantes dos axentes sociais coa Consellaría de Traballo para retomar a concertación social.
A Federación de Industria de CCOO presenta hoxe en conferencia e prensa con UGT o preacordo do metal
23-10-2009.- Hoxe, día 23 de outubro, ás 11 da mañá, CCOO e UGT presentan en conferencia de prensa o preacordo de convenio colectivo para o sector do metal da provincia de Pontevedra.
A Federación Agroalimentaria de CCOO informa de que foron declarados nulos os despedimentos de Conservas Carnota
A Xustiza considera que excederon as marxes legais permitidas e o sindicato considera que se freou unha actuación «torticeira e ilegal»
23-10-2009.- A Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras de Galicia informa de que foron declarados nulos os despedimentos de Conservas Carnota por considerar a Xustiza que excedían as marxes legais permitidas. Para o sindicato, grazas a esta resolución xudicial logrouse frear unha actuación que consideran «torticeira e ilegal».
Un libro de Elena Gómez Gálkina é o sexto título da colección 'Testemuños' da Fundación 10 de Marzo
Portada do libro
23-10-2009.- O libro Eu son eu e a miña memoria, de Elena Gómez Gálkina, é o sexto título da colección 'Testemuños' da Fundación 10 de Marzo. A autora, profesora de filosofía no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, recibiu hai dous anos o Premio en Innovación Educativa sobre Educación nos Valores Democráticos na categoría «Educación para a cidadanía e os dereitos humanos», convocado pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
CCOO apoia as concentracións que teñen lugar mañá para reclamar a liberación dos tripulantes do Alakrana
22-10-2009.- A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras (FSC—CCOO) apoia as concentracións que van ter lugar mañá en diferentes puntos de Galicia e do País Vasco para reclamar a liberación dos tripulantes do pesqueiro Alakrana.
Comisións Obreiras critica a caída dos investimentos nas políticas de emprego
O sindicato lamenta que a Xunta de Galicia lles presentase o proxecto de orzamentos «tarde e xa entregado no Parlamento», polo que dubidan que o Executivo teña verdadeira vontade de diálogo
21-10-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) criticou hoxe a caída dos investimentos nas políticas de emprego que apreciaron no proxecto de orzamentos autonómicos para 2010 que lles presentou a Xunta de Galicia. Maica Bouza, secretaria de Emprego, Economía Social e Autoemprego do sindicato, insistiu en que é necesario reforzar o servizo público de emprego dado o seu papel como intermediador mediador real do mercado de traballo.
Orientacións para a participación sindical nas empresas para o desenvolvemento de Plans de Resposta ante a gripe A H1N1
21-10-2009.- No ficheiro PDF anexo poden descargar un documento con orientacións para a participación sindical nas empresas para o desenvolvemento de Plans de Resposta ante a gripe A H1N1.
Comisións Obreiras denuncia a «situación límite» do persoal da empresa de limpeza Galeserga
Segundo a Federación de Actividades Diversas, a empresa alega que non poden ingresar as nóminas das traballadoras e traballadores porque os seus clientes deixaron de pagar
20-10-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) denuncia a «situación límite» do persoal da empresa Galeserga, dedicada a control de accesos, limpeza e servizos auxiliares. A maior parte das traballadoras e traballadores de control de accesos e axuliares non cobraron aínda as nóminas de agosto e setembro, así como as horas extraordinarias realizadas desde xaneiro. Pola súa parte, o persoal dedicado á limpeza non cobrou o mes de setembro —tampouco os da nova empresa Heras— como tampouco os atrasos do convenio correspondentes a 2008.
MANIFESTO SINDICAL contra a privatización da xestión das emerxencias e por un servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento
20-10-2009.- A Constitución Española consagra o dereito dos cidadáns e cidadás á súa seguridade como un dereito fundamental. A Lei 2/1985 de protección civil outórgalles ás comunidades autónomas a competencia para aseguraren a instalación, organización e mantemento dos servizos de prevención e extinción de incendios. A maior parte das CC AA cumpren con esta obriga, garantindo a seguridade dentro do seu territorio, implantando servizos propios de prevención e extinción de incendios e salvamento e promovendo leis que regulan eses servizos e as condicións de emprego dos profesionais que os prestan.
FECOMA CCOO gaña as eleccións sindicais da empresa TRAGSA en Galicia
Onte, 19 de outubro, o persoal do grupo TRAGSA en Galicia referendou co seu voto que FECOMA CCOO gañara as eleccións sindicais
20-10-2009.- Dos 44 delegados elixidos, as candidaturas de FECOMA obtiveron 20 representantes, por 17 de UGT, 6 de CSIF e 1 da CIG. A nosa federación tamén obtivo o maior número de votos, 367 (45,9%), fronte a 320 de UGT (40,1%), 92 de CSIF (11,5%) e 20 da CIG (2,5%).
Hoxe constituíuse o novo Padroado da Fundación 10 de Marzo
A constitución do novo padroado foi na sala de prensa do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras
Entre os proxectos máis inmediatos está a organización do VII Encontro de Investigadores sobre o Franquismo, que terá lugar a medidados de novembro en Santiago de Compostela
20-10-2009.- Hoxe, martes día 20 de outubro, constituíuse en Santiago de Compostela o novo Padroado da Fundación 10 de Marzo (F10M), institución cultural promovida polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia ao abeiro da Lei de fundacións de interese galego. Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 15, foi constituída na capital galega o 25 de xuño de 1991.
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Vigo organiza esta tarde un debate
Haberá unha manifestación o xoves día 29
20-10-2009.- A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Vigo, da que forma parte CCOO, organiza ás 19:30 da tarde de hoxe un debate sobre os cambios de plans para construír o novo complexo hospitalario. Será no salón de actos do MARCO (r/Príncipe n.º 54, Vigo).
CCOO denuncia que no 2009 mantivéronse os déficits estruturais na defensa contra incendios forestais de Galicia
19-10-2009.- O Sector da Administración Autonómica de CCOO celebra que os datos da superficie queimada no que vai de ano sexan o 10% (10.000 ha) do que se queimou en 10 días no ano 2006 e que o número de lumes descendese á metade da media (3.741 lumes) dos últimos anos. Para CCOO estes datos, aínda sendo positivos, seguen suscitando importantes dúbidas de fondo. Como segue sendo posible que, cun clima favorable no verán deste ano (e dos anteriores 2007 e 2008) sigamos tendo o 50% de todos os lumes do estado, e se sigan calcinado ano tras ano máis da metade das hectáreas que arden en todo o territorio español?
Máis de 300 persoas homenaxearon a Xan María Castro
Na esquerda da fotografía, Xosé Manuel Sánchez Aguión e Xan María Castro Paz
18-10-2009.- O pasado venres, día 16 de outubro, máis de 300 persoas déronse cita no Hotel Congreso (Montouto, Teo) para homenaxear a Xan María Castro Paz, quen ata o pasado mes de marzo e durante os últimos nove anos foi o Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO.
VIDEOGALERÍA DA HOMENAXE
Comisións Obreiras homenaxeou onte os republicanos asasinados en Sestás, na Guarda
16-10-2009.- Onte, xoves día 15 de outubro, ás 12 horas, a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo e a Federación de Pensionistas e Xubilados do sindicato conmemoraron o aniversario da foxa común de Sestás, na Guarda, onde foron soterrados tanto demócratas republicanos antifranquistas como tamén persoas que foron vítimas das pésimas condicións do campo de concentración de Camposancos.
CCOO pide que os orzamentos incrementen a protección social, favorezan a creación de emprego e estimulen a economía
O sindicato avaliou hoxe «con preocupación» os recortes en ensino, sanidade, protección social e promoción do emprego que aprecia no proxecto presentado pola Xunta de Galicia
16-10-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) pediu hoxe que os orzamentos galegos de 2010 reforcen o servizo público de emprego «como intermediador real do mercado laboral» e tamén o da propia Administración na súa vertente de estímulo económico.
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras chama a recuperar os consensos básicos políticos e sociais sobre a lingua
A organización sindical subscribe o manifesto «Galego, patrimonio da humanidade», e en consecuencia vai apoiar todas as mobilizacións coincidentes cos obxectivos dese texto
16-10-2009.- En relación coa manifestación convocada para este domingo, día 18, en defensa da lingua galega, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) lembra que subscribe o manifesto «Galego, patrimonio da humanidade», e que en consecuencia vai apoiar todas as mobilizacións que coincidan cos obxectivos deste texto.
CCOO denuncia que o Goberno autonómico impón perda de poder adquisitivo ás empregadas e empregados públicos da Xunta
16-10-2009.- A Área Pública de CCOO INFORMA de que na xuntanza da Mesa Xeral dos Empregados Públicos de Galicia de onte consumouse o que a conselleira de Facenda xa viña anunciando con insistencia e irresponsabilidade nos medios de comunicación dende que tomou posesión: a decisión unilateral, que xa tiña tomada, de impoñer a PERDA DE PODER ADQUISITIVO a TODOS OS EMPREGADOS E EMPREGADAS PÚBLICOS da XUNTA DE GALICIA.
Asinado o 2.º convenio do transporte sanitario de Galicia (ambulancias)
Este convenio, asinado para o 2009 e 2010, afecta a un total de 900 traballadores e traballadoras en Galicia
14-10-2009.- Asinouse o 2º CONVENIO DO TRANSPORTE SANITARIO DE GALICIA (ambulancias). Foi asinado por CCOO e UGT —non o fixo a CIG— e ten vixencia para os anos 2009-2010.
 
Sitio web optimizado para Internet Explorer 4.0 ou superior e Netscape
4.0 ou superior a 800 x 600